TVGA - Galegos no mundo - Melbourne HD

TVGA - Galegos no mundo - Melbourne HD

Un dos “Galegos no Mundo” que hoxe coñecerán os espectadores da TVG será Juan Pablo Balsa, que deixou o seu traballo como enxeñeiro en Galicia e marchou á aventura. Con el, o equipo do programa descubrirá o río Yarra e a famosa Federation Square, e collerá o tranvía máis antigo da cidade. br br Outros dos protagonistas desta noite serán Santiago Nine, cuxo traballo como cociñeiro o levou a Australia, e Mayalen Piñeiro, unha canguesa de 23 anos que fixo as maletas co seu mozo e desde Londres puxo rumbo a Melbourne. br br Na cidade australiana, “Galegos no Mundo” tamén atopará a Pablo Vieites, que chegou á cidade para facer un curso de inglés e decidiu quedar por amor, e a Luísa Pallarés, que xa está pensando en volver a Galicia cando se retire e que amosará o mercado de Vitoria e a fermosa zona de Brighton Beach.


User: Conejo

Views: 46

Uploaded: 2014-07-30

Duration: 51:41